Mininovas Android: a malla da semana

Ademais do que fomos falando no blog durante esta semana, tamén houbo espazo para mininovas de actualidade, das cales queremos repasar as tres que nos pareceron máis relevantes:

Dropbox permite gardar arquivos directamente na tarxeta SD.

dropbox

Até agora a aplicación descargaba os arquivos por defecto na memoria interna do terminal, pero nunha recente actualización temos a posibilidade de elixir o lugar onde queremos almacenar os nosos datos: na memoria interna ou na nosa tarxeta SD. É certo que hoxe en día os terminais teñen moita máis memoria interna ca hai uns anos, pero aínda así non está de máis ter na nosa man todas as opcións posibéis para empregar no caso de necesidade.

Google Play Kiosko actualízase co deseño de Material Design.

play kiosko

Cada vez está máis preto a data do lanzamento dunha nova versión de Android na que a  principal novidade será un deseño totalmente renovado: Material Design. Deste xeito, as aplicacións de Google estanse redeseñando e van aparecendo pouco a pouco na Play Store. Desta volta a quenda foi para Google Play Kiosko, que xa poderemos actualizar na próxima semana.

Cyanogen rexeita unha oferta de compra por parte de Google.

cyanogen

Esta se cadra foi a mininova máis destacada da semana. Cyanogen Inc. é a empresa que máis está apostando no mundo das roms cociñadas, esas versións do sistema operativo Android non oficiais. O certo é, que deixando un pouco de lado os coñecementos técnicos para a súa instalación (aínda que asumimos que é unha eiva decisiva para moitos) estas  roms de Cyanogen son a derradeira oportunidade para moitos terminais que son abandonados polas empresas que ou ben non corrixen erros de seguridade ou deixan de ser actualizados dun xeito prematuro.

É por isto, pola que a nova ten especial relavancia: Google ve perigosa esta empresa que escapa do seu control? Non temos datos da proposta presentada por Google, pero algunhas fontes valoran Cyanogen Inc. nuns 1000 millóns de dólares.

Sobre o autor

Reply