Yaap Money, a app para facer pagos de móbil a móbil

Poñámonos en situación. Ceamos por aí coas nosas amizades, adiantamos os cartos e… á hora de facer contas hai quen non ten solto ou o típico #sicuelacuela que nos di ‘xa che pagarei’, aínda que ese día non dá chegado. A solución a este problema chámase chámase Yaap Money, a aplicación da que vos queremos falar hoxe e que serve para facer envíos de cartos directamente á nosa conta corrente.

2014-09-25-16-06-41

Logo de rexistrasnos, o primeiro que nos pide a app é cubrir unha serie de datos persoais e un contrasinal forte para rematar metendo o noso número de tarxeta para facer os pagos (se somos nós os que debemos cartos) ou o número de conta corrente (se somos aos que nos deben cartos)

Unha vez que facemos isto atopamos un completo menú como vemos a continuación:

2014-09-25-16-14-59

2014-09-25-16-16-31

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Podemos tanto enviar cartos se é que os debemos pero o que más nos gustou foi que tamén podemos facer reclamacións.

A maiores contamos cun menú na que despregamos desde a parte esquerda co que podemos facer xestións máis xerais:

2014-09-25-16-16-25

Por exemplo vemos que podemos xestionar saldos, acceder á configuración para modificar os datos bancarios, ver un historico de transaccións entre outras.

Vale, Yaap Money é moi interesante. Pero é seguro? Quen está detrás desta app? Para a vosa tranquilidade (ou non 😉 ), Yaap Money é unha iniciativa tras a que están o Banco Santander, Caixa Bank e Telefónica, polo que, a priori, a confidencialidade dos vosos datos e o xeito en que estes se tratan non debera ser unha eiva de importancia á hora de decidir empregar esta aplicación.

Para máis información, nesta ligazón accededes á web de Yaap Money. A aplicación podédela descargar de balde dende a Play Store.

PD: temos que agradecerlle a @galegoman pola achega.

No Responses

  1. Mallando no Android | Mallando no Android RSS Feed 5 Outubro, 2014 Responder

Deixa un Comentario