Angry Birds: Continúa a saga desta vez con Angry Birds Transformers

A empresa Rovio, que se deu a coñecer no seu día polo gran éxito obtido polo seu xogo “Angry Birds” volve a sorpendernos cunha nova versión do xogo. Desta vez, fanlle un chiscar de ollo ós personaxes da serie animada Transformers, serie de gran éxito que chegou o comenzo dos 80′ e 90′, dando un novo aspecto a personaxes da serie como Optimus Prime ou Megatron, así como outros nesta dura loita entre aves e porcos.

No trailer que Rovio nos ofrece a través de Gameplay podemos averiguar como vai ser o formato do xogo e os seus niveis; como vemos no vídeo, Angry Birds Transformers será un shoot’em up de desplazamento horizontal, un xogo de correr e disparar. Poderemos obtar por xogar cos os AUTOBIRDS ou senón cos DECEPTIHOGS. Ademáis, como ven sendo habitual nas anteriores entregas poderemos desbloquear novos personaxes a través das figuras dos Telepods.

A súa saída está marcada para o 15 de Outubro para iOS e o 30 do mesmo mes para Android. Estades desexando probalo?

Vía

Sobre o autor

Reply