Beach Buggy Racing, o novo xogo de carreiras de Vector Unit

Vector Unit trainos con Beach Buggy Racing unha secuela do seu coñecido Beach Buggy Blitz, un novo e divertido xogo de carreiras, o puro estilo do Mario Kart. Desta vez non serán carreiras infinitas nas que o seu obxectivo primordial era recorrer a maior distancia posible, como no seu predecesor.

Ímonos atopar cun xogo que se caracteriza por ter seis modos de xogo e un máximo de 12 circuitos cheos de trampas, no cal temos que chegar os primeiros á liña de meta, mentres loitamos cos nosos adversarios cos diferentes obxectos que iremos recollendo durante o transcorso da carreira. Sen esquecer, a capacidade de modificar e mellorar os nosos vehículos a nosa vontade.

Unha das peculiaridades de Beach Buggy Racing é a posibilidade de empregar o controlador de bluetooth, especialmente se nos decidimos a xogar no modo de multixogador local, coa capacidade de tomar ventaxa da pantalla dividida para acomodar ata 4 xogadores. Sen esquecernos, que para aproveitar esta posibilidade, recomendase conectar o smartphone ou a tableta a un televisor ou calquera monitor externo e lembramos que tamén se pode desfrutar deste xogo en TV con Android TV.

Beach Buggy Racing está dispoñible de forma gratuita no Play Store, non faltan as compras dentro da aplicación, que son totalmente opcionais.

Vía

Deixa un Comentario