Hangouts integra burbullas na nova versión para escritorio

Hangouts é se cadra un dos mellores servizos de chat gratuíto e multiplataforma dispoñíbeis, que hoxe vén de recibir un importante lavado de cara na súa versión de escritorio, integrando burbullas no lateral da pantalla, unha idea semellante á que ten Facebook, aínda que moito menos invasiva.

hangouts

Pero se cadra a gran novidade é que podemos prescindir de ter aberto o navegador Chrome para realizar as vídeochamadas, o que simplifica todo o proceso das mesmas facéndoo moito máis directo.

A actualización chega a través da Chrome Web Store e chegará nun primeiro momento aos Chromebooks e a Windows. Posteriormente tamén estará dispoñíbel nos trebellos de Apple.

Sobre o autor

No Responses

Reply