HTC apóstao todo ás cámaras co novo HTC Desire Eye

Ven de celebrarse en Nova York un evento de HTC no que nos achegaron un novo membro da familia Desire, o Desire Eye que é un terminal totalmente orientado á fotografía.

Este novo membro da familia Desire chega cunhas características esperábeis a esta altura de ano: a pantalla é de 5,2″ con resolución Full HD (1.920 x 1.080) e tecnología IPS. No seu interior atopamos Snapdragon 801 a 2.3 Ghz e a súa GPU é unha Adreno 330 e 2GB de memoria RAM.

A memoria interna é de 16GB ampliabéis con tarxetas microSD de até 128 GB. O único punto que nos deixa dúbidas é a súa batería de 2400 mAh xa que pensamos que vai chegar xusto ao final do día a nada que lle demos un uso un pouco intenso.

desire eye

No apartado fotográfico é donde este Desire Eye saca peito. Monta dúas cámaras de 13 mpx e dobre flash led tanto para a cámara dianteira como na traseira, algo que é totalmente novidoso. Ademáis HTC aporta unha morea de solucións de software para sacarlle o maior partido ás cámaras: podemos gravar cosas dúas cámaras á vez e logo montar o vídeo ou co sistema Face Tracking o terminal perseguirá a nosa cara, recúrtaa e o resultado será unha imaxe de 2 mpx.

Pensamos que pode ser un terminal interesante de cara ao Nadal, aínda que non temos datas oficiais sobre o seu lanzamento nin do seu  prezo.

Deixa un Comentario