HTC Re, unha cámara persoal diferente

Seguindo coas presentacións de HTC no día de hoxe desde Nova York, agora achegámosvos a sorpresa da noite que é unha cámara persoal de interesantes especificacións e deseño arriscado chamada HTC Re

Esta cámara de man foi o máis novidoso da presentación. Se o máis lóxico podería ser que presentaran un smartwatch, HTC desmárcase e aposta por unha cámara alternativa á recoñecida GO Pro. En canto a resistencia a HTC Re non está á altura da GO Pro, pero en canto a calidade de imaxe, menexabilidade e deseño, si.

La HTC Re preséntase cunha apertura de f2.8, e coa súa resolución de 16 megapíxeles permite obter uns resultados fotográficos similares aos que podemos obtener cun smartphone de gama alta. Coa conectividad Wifi podemos enviar as imaxes directamente ao smartphone con Wifi Direct ou subilas á nube. Ademáis contamos con bluetooth e microUSB para recarga e paso de fotos ao pc. A memoria interna é de 8 GB ampliabéis cunha tarxeta microSD.

htc re

No apartado de vídeo destacamos o xeito de acceder a el: pulsado o botón de disparo durante 2 segundos poñemos en funcionamento a gravación do vídeo, que pode ser con calidade de até 1080p.

htc re 03

Como non pode ser doutro xeito, HTC proporciónanos unha morea de aparellos para suxeitala na roupa ou sobre outro complemento. A HTC Re é resistente ao po e á auga até un metro de profundidade e sen pasar da media hora de inmersión.

Sobre a autonomía, os 820 mAh proporciónanos auntonomía para facer até 1.200 fotos a máxima resolución o gravar vídeo durante 1 hora e 40 minutos, segundo aseguran dende a empresa.

A HTC Re terémola no mercado a finais do mes de novembro por un prezo aproximado de 199 dólares.

Sobre o autor

No Responses

Reply