Be together. Not the same: novo eslogan de Android

Diversos rumores apuntan a que mañá ou pasado mañá podería ter lugar a presentación do novo Nexus xunto a versión final de Android L, aínda que os máis optimistan apuntan a que haberá máis sorpresas, todo se verá.

Para crear un pouco de hype arredor do tema, lanzáronse 3 spots que algúns usuarios puideron ver durante a emisión do primeiro capítulo da nova tempada de The Walking Dead, nos que se se amosa un novo eslogan de Android, “Be together, not the same“, en referencia á cantidade de opcións dispoñíbeis para disfrutar de Android.

Os spots amosan un teléfono de grandes dimensións, un guiño ao Nexus 6 do que agardamos unha pantalla de 5,9 polgadas, así como outros dispositivos, como un reloxo Android Wear.

E vós, xa tedes ganas de que se desvelen todos os segredos?

Vía

No Responses

Deixa un Comentario