Nubico actualiza a súa aplicación para acceder aos nosos ebook favoritos

nubico 01

Desde hoxe mesmo podemos descargar a app Nubico: eBooks sin límites, coa que podemos ter acceso a un completo portfolio premium de arredor de 7000 ebooks.

Entre as novidades desta actualización destacamos:

  • Novo deseño que fai que a aplicación sexa máis funcional.
  • Suliñado e marcadores actualizábeis a tempo real.
  • Posibilidade de manter a pantalla acendida durante 5 min sen interactuar co terminal.
  • Soporte para audio e vídeo que complementan hoxe en día os ebooks.
  • Mellora no sistema de búsqueda para atopar en menos tempo os nosos  libros preferidos.

nubico 02

Con todas estas melloras, pensamos que pode ser unha das aplicación que todo amante da lectura debe ter en conta.

Nubico: eBooks sin límites, está lista para a descarga na Play Store de balde. O único requerimento é ter un terminal con Android 4.0.3 ou superior.

Deixa un Comentario