Android 5.0 chegará aos Nexus 4, 5, 7 e 10

Google-Nexus-4-7-10

Se posuídes un Nexus 4, Nexus 5, Nexus 7 ou Nexus 10 estades de noraboa: Google vén de confirmar que a recén presentada versión Android 5.0 Lollipop chegará tamén a estes trebellos, sumándose así aos novos Nexus 6, Nexus 9 e Nexus Player, que xa veñen con ela de serie.

Son moitas as vantaxes que trae esta nova versión de Android que supón un verdadeiro punto de inflexión, de xeito similar ao que acontecera coa chegada de Ice Cream Sandwich. Ah! E por fin incorpora o galego de serie!

One Response

  1. Jorge Lama 16 Outubro, 2014 Responder

Deixa un Comentario