Android, por fin dispoñíbel en galego. Conseguímolo!

androidengalego

O 3 de outubro de 2013 naceu a iniciativa #AndroidEnGalego, unha campaña iniciada e coordinada desde Mallando no Android, que contou coa colaboración de diversas empresas e entidades públicas e privadas. Tras un primeiro encontro con Google, confirmóusenos o interese da compañía na iniciativa e que se estaban a dar pasos para termos algún día a ansiada tradución, aínda que evitaron dar datas concretas.

Polo camiño fóronse dando importantes avances, como a habilitación do Gmail en galego, que deu resposta a unha demanda histórica da sociedade galega. E sumado a isto, e como punto e seguido para a iniciativa que nos atinxe, hoxe podemos celebrar que por fin temos Android en Galego.

A inclusión da nosa lingua chega coa recén presentada nova versión de Android, Android 5.0 Lollipop, polo que está dispoñíbel desde o primeiro momento nos trebellos Nexus (Nexus 6, Nexus 9), os dispositivos que comercializa Google. A partir de agora, segundo vaia chegando a actualización desta nova versión aos diferentes terminais doutros fabricantes, a listaxe con soporte nativo de galego irase incrementando, polo que é cuestión de meses que todas e todos teñamos esta posibilidade nos nosos smartphones e tablets.

Co galego como lingua oficial en Android, os desenvolvedores téñeno moito máis doado para adaptar as súas aplicacións á nosa lingua, e para os usuarios todo será moito máis transparente, xa que non teremos que andar fedellando  nos diferentes menús de cada vez que queiramos ter unha app na nosa lingua.

Neste día de celebración queremos agradecer o apoio que recibimos de todas e todos vós durante este tempo, axudando a xuntar 4300 sinaturas que foron enviadas ás oficinas centrais de Google e colaborando na difusión da iniciativa.

Noraboa e grazas!

23 Comentarios

  1. Diego 15 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 15 Outubro, 2014 Responder
  2. Daniel 15 Outubro, 2014 Responder
  3. Juan 15 Outubro, 2014 Responder
  4. Gabriel 15 Outubro, 2014 Responder
  5. Android já está disponível em galego ILG-RAG 15 Outubro, 2014 Responder
  6. Breixo Murcho 15 Outubro, 2014 Responder
  7. Breixo Murcho 16 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 16 Outubro, 2014 Responder
  8. martingz 13 Novembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 13 Novembro, 2014 Responder
      • Ruben LG 15 Novembro, 2014 Responder
        • Iago Varela Martínez 15 Novembro, 2014 Responder
  9. martingz 15 Novembro, 2014 Responder
  10. Keintol 19 Novembro, 2014 Responder
    • Keintol 19 Novembro, 2014 Responder
  11. Encarna 17 Febreiro, 2015 Responder
    • Encarna 17 Febreiro, 2015 Responder
      • Iago Varela Martínez 17 Febreiro, 2015 Responder

Deixa un Comentario