Asus Nexus Player, o primeiro reprodutor con selo Nexus

asus player

É certo que durante o Google I/O falouse de levar Android a todas as pantallas, mais o certo é que a idea dun televisor Nexus non é algo que figurase nos nosos plans. Como sabedes, o selo Nexus é o que outorga Google aos trebellos que anualmente serven para presentar unha nova versión de Android, e adoitan ser unha guía do que debe ser o hardware para disfrutar da nova versión de Android.

O novo Asus Nexus Player constitúe un salto adiante e este novo gadget ten un procesador Intel Atom de catro núcleos a 1,83 GHz acompañado con 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interno. A súa resolución é de 1920 x 1080 a 60Hz. Dispón de Bluetooth 4.1 e WiFi como opcións de conectividade e poñendo orde a todo isto temos Android Lollipop. O seu peso é de só 235 gramos e as súas dimensións son 120 x 120 x 20 mm.

asus player grid

O Nexus Player pódese manexar cun sinxelo control remoto de só 40 gramos e ademáis para desfrutar máis dos xogos, podemos mercar por separado o gamepad que vemos na seguinte captura.

nexus player gaming

O Asus Nexus Player poderémolo reservar este mesmo venres día 17 e nas tendas a partir do 3 de novembro. Polo de agora non temos datos  do prezo nin do Nexus Player nin do Gamepad.

Deixa un Comentario