Cars: Rápidos como o Raio, da man de Disney-Pixar e Gameloft chega a Android, iOS e Windows Phone

A través da canle oficial de Gameloft en Youtube atopamos o trailer de Cars: Rápido como un Raio, unha nova forma de carreiras inspirada na famosa película de animación de Disney-Pixar. Dende o día 9 de outubro xa o podemos atopar nas principais plataformas móbiles, Android, iOS e Windows Phone. O xogo atopámolo de forma gratuita,  coas súas compras internas de forma opcional como soe ser habitual nos xogos actuais.

Poderemos competir no papel de Raio McQueen e moitos outros personaxes da película, o cal nos permitirá competir en circuitos personalizables os que lle podemos ir engadindo tramos especiais para despois facer novas acrobacias mentres imos contruíndo a nosa cidade de Radiador Springs. O xogo ademáis de Raio McQueen inclúe preto de 20 personaxes de Cars personalizables e os edificios máis coñecidos da película.

Cars-Rapido-como-el-rayo-windows-8 Cars_Fast

En canto a forma de xogar é moi sinxela. É un xogo de carreiras en vista de páxaro no que tan só temos que controlar o acelerador e facer as acrobacias necesarias para non saír do circuito e intentar chegar o primeiro a liña de meta.

Podedes descargalo desde a Google Play Store.

Sobre o autor

Reply