Kazam desafía os límites co terminal máis delgado do mundo

tornado_348_shot_4

Pouco adoitan durar os reinados tipo terminal máis lixeiro ou terminal máis delgado. Porén, é algo destacábel á hora do lanzamento, como acontece co novo terminal de Kazam, o Tornado 348.

O trebello ten un grosor de tan só 5,15 mm e 95,5 gramos de peso. Integra unha pantalla HD de 4,8 polgadas cunha resolución de 1280 x 780 píxeles e protección Gorilla Glass, procesador MT6592 Octa Core de MediaTek e 1 GB de memoria RAM.

tornado348 camera

O apartado de especificacións dadas a coñecer complétase coas súas cámaras de 8 e 5 Mpx e Android 4.4.2 KitKat como sistema operativo, ademais dunha batería que asegura 6 horas de uso en conversación.

O Kazam Tornado 348 estará á venda a mediados do mes de novembro en dúas cores, branco e negro. Así mesmo, inclúe un seguro de cambio de pantalla por rutra dun ano de duración .

Deixa un Comentario