Vodafone activará os servizos 4G+ na Coruña en decembro

vodafone 4g

Vodafone vén de anunciar esta mañá a dispoñibilidade dos servizos 4G+, unha tecnoloxía que duplica a capacidade de transmisión de datos das redes 4G actuais para acadar velocidades de até 300 Mbps en descarga e 50 Mbps en suba.

Desde este mesmo momento os clientes da compañía británica poden disfrutar deste servizo en Madrid, Barcelona e Valencia. Porén, en decembro activarase tamén no noso País, concretamente na Coruña, ademais doutras cidades do Estado (Sevilla, Bilbao, Málaga e Zaragoza). Será coa liberalización da banda de 800 MHz, a partir de xaneiro, cando Vodafone poida apurar a expansión de ditas redes a outras localidades.

Cómpre sinalar que non todos os terminais son compatíbeis con esta novas redes, só os que teñen chip LTE-Advance, como o Samsung Galaxy S5 4G+ que comercializa en exclusiva Vodafone, ademais doutros modelos de Samsung (Galaxy Alpha e Galaxy Note 4) ou o LG G3.

Vodafone 4G+ está incluído de xeito gratuíto nos plans de prezos de contrato Vodafone RED, Vodafone SMART e Vodafone Base, ademais dos plans de Internet móbil. É dicir, os clientes que xa teñan 4G terán 4G+ sen ter que facer nada, sempre e cando dispoñan dun dispositivo compatíbel.

Sobre o autor

No Responses

Reply