Nexus ONE vs Nexus 6, a continuidade dunha liña exitosa

Todo comezou o 5 de xaneiro do 2010 cando sae ao mercado o primeiro Nexus. Froito da asociación entre Google e HTC, nace o Nexus ONE.

O Nexus ONE foi o primeiro membro dunha exitosa familia de terminais que se completa hoxe coa presentación do Nexus 6. Como vemos na seguinte táboa na que vos resumimos as principais características de cada un, e se cadra semella que pasaron moito máis de 4 anos entre o lanzamento dun e doutro.

Nexus ONE Nexus 6
Polgadas/Resolución/ppi 3,7 / 480×800 / 252 5,9 / 1440×2560 / 493
Procesador Qualcomm Snapdragon QSD 8250 a 1 GHz Qualcomm Snapdragon 805 a 2,7 GHz
GPU Adreno 200 Adreno 420
RAM 512 megas 3 gigas
ROM 512 megas máis tarxeta microSD 32 / 64 gigas
Dimensións/Peso 119 x 59,8 x 11,5 mm / 130gr 82.98×159.26×10.06 / 184gr
Batería 1400 mAh 3200 mAh
Cámaras 5 mpx / non ten 13 mpx / 2,1 mpx
Vídeo Grava en HD a 720×480 Grava a 4K / Grava en FHD
Versión de Android Android 2.1, Eclair Android 5, Lollipop
Prezo 529 USD (prezo de lanzamento) 569€ / 649€
Dispoñibilidade 5 de xaneiro do 2010 Finais de outubro do 2014

A maiores destacamos o sistema de carga rápida que ten o Nexus 6 pois con tan só 15 minutos de conexión á corrente temos 8 horas de autonomía.

Todas as características vemos que melloran moito entre un e outro terminal nun periodo de tempo que pode parecer curto: nada ten que ver nin o hardware nin o software destes dous terminais. Botando unha ollada atrás, aqueles primeiros terminais Android que supuxeron unha revolución no xeito de interactuar co móbil, hoxe case parecen xoguetes para nenos grandes.

Deixámosvos co vídeo promocional do Nexus 6:

Gustaríanos saber se sobes ou fostes donos dalgún producto da gama Nexus e de ser así, agradecémosvos que nos deixedes a vosa experiencia nos comentarios.

2 Comentarios

  1. simpleNewz - Mallando no Android | Mallando no Android RSS Feed for 2014-10-18 22 Outubro, 2014 Responder
  2. Roi 24 Novembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 25 Novembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario