Xa podemos descargar o SDK de Android 5.0 e as imaxes de fábrica previas para Nexus 5 e Nexus 7 (2013)

l-hero

Como sabedes, o pasado mércores presentouse Android 5.0 Lollipop, xunto aos novos Nexus 6, Nexus 9 e Asus Nexus Player. Pois ben, desde esta mesma tarde xa podemos descargar o SDK de Android 5.0 e as imaxes de fábrica para o Nexus 5 e Nexus 7 (2013).

Cómpre sinalar que as imaxes de fábrica non son a versión definitiva que chegará por OTA nas próximas semanas, senón a Final Preview (LPX13D). Están dispoñíbeis para o Nexus 5 (GSM / LTE) e para o Nexus 7 (2013) (WiFi) 

Para instalar esta previa é preciso ter instalados e operativos o adb e o fastboot no noso ordenador (Linux, Windows ou Mac). Conectaremos o dispositivo ao noso computador e arrancarémolo en modo fastbook, o que faremos acendéndoo coa seguinte secuencia de teclas:

  • Nexus 5: “botón acendido” + “subir volume” + “baixar volume”
  • Nexus 7: “botón acendido” + “baixar volume”

A continuación abriremos a terminal ou consola de comandos, achegarémonos até o directorio onde temos a imaxe descargada e descomprimida para acabar executando flash-all.

Nota: Facede isto baixo a vosa propia responsabilidade.

Máis info

Sobre o autor

3 Comments

  1. Tamperer 17 Outubro, 2014 Responder
  2. Adrián 23 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 23 Outubro, 2014 Responder

Reply