Mininovas Android: a malla da semana

Que ten que ver a Gameboy Color cun Android Wear?

Esta semana vimos como un programador chamado Corbin Davenport, conseguiu portar un emulador da Gameboy Color a un Galaxy Gear Live, logo de facer correr neste gadget Windows 95. Hai determinados traballos que non nos deixan de sorprender.

Windows Phone con aspecto Android Kitkat.

Até non fai só en Android podiamos ter aspectos dos escritorios doutros sistemas operativos. As tornas van cambiando e desta volta é en Windows Phone o sistema no que xa podemos ter a experiencia de Android Kitkat grazas a instalación dunha app: ao final, algo estará facendo ben Android ;).  Se a experiencia é boa, ao final o beneficiado é o usuario que ten a posibilidade de elixir.

Motorola Turbo Charger.

motorola turbo charger

Neste ano estamos a ver como se lle da máis importancia á carga rápida das baterías. Por sorte, as baterías pouco a pouco teñen máis capacidade pero isto fai que as cargas sexan eternas e por iso estase desenvolvendo sistemas de carga rápida pero polo de agora reservados para os terminais premium, e non todos.

Esta semana coñecimos o cargador rápido de Motorola e só compatíbel (oficialmente) co Moto X 2014 e co Nexus 6. Agardamos que este tipo de cargadores pasen a ser o normal para todas as gamas en pouco tempo xa que os beneficios son evidentes.

Deixa un Comentario