Gmail 5.0: novo deseño e soporte para contas Outlook e Yahoo

gmail-5-soporte outros

Con Android 5.0 Lollipop chegan unha rea de novidades en canto a deseño e funcionalidades para os nosos trebellos, con Material Design como norma de estilo básica. A meirande parte das Google Apps estanse adaptando xa a estes novos parámetros, e a nova versión de Android xa inclúe versións actualizadas do teclado, a cámara e outras aplicacións básicas de Google.

Gmail, unha das apps fundamentais de todo o ecosistema Google, é unha das ferramentas que contará cunha importante actualización que fará dela un servizo aínda mellor. Ademais do seu redeseño, cunha interface moito máis limpa, intuitiva e funcional, Gmail terá soporte para contas doutros servizos de correo electrónico populares, como Yahoo ou Outlook, entre outros.

Este paso adiante é un gran nova para as e os usuarios, aínda que de seguro non de tanto agrado para estas firmas alternativas, que vén como as súas propias aplicacións pasan a ter un papel secundario fronte á opción de Google.

Que vos parece?

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply