Aínda usas iPhone? Google explícanos como mudar de iOS a Android

ios to android

Na meirande parte dos casos, mudar de smartphone non supón grandes complicacións, sobre todo se empregamos ferramentas de sincronización na nube que permiten que simplemente metendo unha SIM e abrindo sesións en diferentes contas teñamos todo preparado de novo.

O que si pode supór un pequeno quebradeiro de cabeza é mudar entre sistemas operativos, máis por descoñecemento das ferramentas específicas ca polo feito en si. É por iso que Google vén de publicar unha guía oficial orientada aos usuarios de iOS que queren iniciarse en Android. Esta guía divídese en catro apartados: fotos e música, contactos, emails / mensaxes e aplicacións.

music

Para transferir as fotos almacenadas no iPhone ou no iPad Google recomenda empregar o servizo de auto backup de Google+ que nos permite subir todas as imaxes á nosa nube persoal, mentres que para a música que poidamos ter na librería de iTunes achega todas as posibilidades de Google Play Music e a súa sincronización na nube.

contacts

No caso dos contactos, ao igual que acontece en Android, se estes están asociados na conta de Google non hai máis ca iniciar a conta. Porén, a guía explica a solución para que usando iOS teña escollido a solución de iCloud ou empregue outras complementarias, de maneira que este punto, para moitos o máis crítico de calquera cambio, tampouco sexa moito problema.

Para o correo electrónico, que mellor ferramenta que Gmail? Sobre todo agora que a aplicación é capaz de xestionar calquera conta de correo. Google tamén recomenda apagar iMessage para que este servizo non siga redireccionando cara o iPhone os SMS ou MMS, no canto de facelo cara o novo Android.

apps

Finalmente, como di a propia Google, o tema das aplicacións non ten moita máis ciencia que descargar as versións para Android das mesmas que empregabamos en iOS. Feito isto por vez primeira xa quedarán asociadas á nosa conta de Google para futuras ocasións.

Doado, non?

Máis info

Sobre o autor

Reply