Inbox: a reinvención do email segundo Google

Gmail é quizais o mellor servizo de correo electrónico gratuíto. Pode ser mellorado? En Google cren que si. Por iso veñen de lanzar Inbox, un servizo que reinventa a bandexa de entrada do correo tal e como a coñecemos até agora.

Entre as principais novidades están os agrupamentos, que melloran as bandexas de correo separadas que xa tiñamos, identificando correos semellantes para colocalos xuntos (por exemplo extractos bancarios, viaxes…), un sistema que ademais aprende dos nosos hábitos para facerse aínda mellor.

inbox

Inbox tamén presta atención aos destacados, mensaxes máis importante no noso día a día, como información sobre eventos, fotos ou documentos que nos envían as nosas amizades ou familiares ou os voos que mercamos. Ademais Google encárgase de completar a información con contido da Internet, como o estado en tempo real dos voos ou paquetes.

image01

Complementa Inbox unha completa gama de ferramentas como recordatorios ou notas a posteriori, convertindo esta nova aplicación no centro no que facer seguemento das cousas que temos pendentes.

Inbox atópase agora en fase de convite. Se queremos ser os primeiros en probar esta nova aplicación debemos enviar un correo a inbox@google.com e cruzar os dedos para que chegue axiña.

desktop.0

Din que cando o probemos veremos que é distinto a Gmail pero que seguiremos traballando con el tan cómodos como até o de agora. A nós parécenos que ten moitas posibilidades. E a vós?

Máis info

Sobre o autor

3 Comments

  1. Xabier 22 Outubro, 2014 Responder
  2. Xabier 22 Outubro, 2014 Responder

Reply