Probamos Inbox: así é o futuro do correo electrónico segundo Google

inbox configuracion inicial

Onte á tarde, por sorpresa, Google presentou Inbox, unha ferramenta que nos sitúa un paso máis máis preto do futuro do correo electrónico. Pero que é Inbox exactamente? Non é doado definilo, aínda que poderíamos dicir que un novo xestor intelixente de correo ou unha nova bandexa de entrada na que Google vai aprendendo para organizalo todo por categorías, como viaxes, compras, finanzas ou sociais, entre outras, sempre modificábeis polo usuario.

inbox bandexa entrada

Inbox permítenos acceder a moita máis información dun simple vistazo, xa que a súa interface está moito máis orientada a sermos eficientes. Isto pode resultar un tanto lioso se manexamos grandes volumes de correo, pero a pouco que se lle dea xeito xa parece (dicimos parece, porque cómpre probalo con moita máis calma para sermos categóricos) moito máis xeitoso que a bandexa tradicional.

Pero se cadra resulta máis interesante a integración de servizos, como os recordatorios ou o calendario, situándo todas esas pequenas cousas que temos distribuídas en diferentes aplicacións nun único sitio, unha nova home page. Suporá isto a fin dos autocorreos para lembrarnos até de mercar o pan? É moi probábel.

inbox outras

Pode que visto isto algúns de vós esteades a vos preguntar como afecta isto a Gmail. Tranquilos, Inbox é un complemento ao tradicional servizo de correo electrónico de Google. Pode sustituílo? Obviamente, seguramente sexa a idea a medio prazo, pero polo de agora a decisión de que usar en cada momento (ou elixir unha única opción) depende unicamente do usuario.

Versión de escritorio

É certo que Inbox está moi orientado á aplicación móbil, mais tamén ten opción de escritorio, accesíbel desde http://inbox.google.com A bandexa de entrada é moi diferente ao Gmail que coñecemos até o de agora, aínda que conserva menús, accesos a Google+ e integración con Hangouts.

inbox escritorio

Ao igual ca na aplicación, podemos acceder ás diferentes categorías para ver agrupados os correos que, automaticamente, Google preselecciona para os mesmos. Eis aquí o exemplo do meu cartaol de viaxes.

inbox escritorio redactar e viaxes

Nótese que tamén muda o estilo de creación de novo correo, cun botón vermello que nos dá opción de seleccionar os contactos máis empregados ou engadir un recordatorio directamente. Chulo, non vos parece?

A xestión das conversas (entendida como fío de correo), é semellante á que temos en Gmail desde a última gran actualización estética deste, como podemos ver na seguinte imaxe.

inbox escritorio correo

Obviamente non temos por que ter todas as lapelas activadas; no menú de configuración podemos seleccionar cal ou cales queremos ter operativas:

inbox etiquetas activas

Será Inbox a aplicación definitiva de correo electrónico? Se hai mudanzas neste senso, semella que este é o camiño. Google reinventou o email cando abriu Gmail hai 10 anos, a cuestión é se agora Inbox é o que necesitamos.

Podedes descargar a aplicación de Inbox desde a Play Store. Para solicitar un convite tedes que enviar un correo a inbox@google.com e agardar a que vos chegue. Paciencia.

6 Comentarios

  1. Modesto 23 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 23 Outubro, 2014 Responder
  2. Jorge Lama 23 Outubro, 2014 Responder
  3. Sabela 24 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 24 Outubro, 2014 Responder
      • Sabela González 28 Outubro, 2014 Responder
  4. simpleNewz - Mallando no Android | Mallando no Android RSS Feed for 2014-10-24 24 Outubro, 2014 Responder

Deixa un Comentario