A Casa da Conexa, o xogo

Temos o enorme pracer de amosarvos o xogo dunha das series de humor de referencia na Galiza: A Casa da Conexa. O xogo co mesmo nome conta unha historia na que Pepe de Rumbo elabora un “pienso radioactivo que converte aos animais en zombis contaxiosos” para arrasar non só con Ardebullo se non tamén con Galiza pero aí están Nucha e Mucha para detelo.

2014-10-27-10-49-14

O xogo está divido en fases nas que as irmás máis famosas de Ardebullo teñen que defenderse do ataque das galiñas zombis co que poden. Na primeira fase con zapatillas, logo xa teñen unha escopeta que lanza cortiza, despois pementos que estoupan ao paso dos animais, e así sucesivamente…

2014-10-27-10-51-35

É un xogo bastante entretido para eses tempos mortos que todos temos ao longo do día e ademáis disto a historia que nos vai contanto o xogo entre nível e nível fainos rir tanto coma o programa.

2014-10-27-10-51-05

A Casa da Conexa é un xogo de balde que podedes descargar desde a Play Store. Animádesvos a probalo?

2 Comentarios

  1. A Casa da Conexa, o xogo 27 Outubro, 2014 Responder
  2. Luis 1 Novembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 1 Novembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario