Primux Beta 2, o novo phablet galego

primux beta 2

Na primavera pasada a galega Primux Tech deu a coñecer o seu primeiro phablet, o Primux Beta, un dispositivo a medio camiño entre o smartphone e as tablets. Chegado o outono, e coincidindo co lanzamento do Nexus 6 que confirma a tendencia das seis polgadas como novo referente, anímanse cunha nova versión do terminal que mellora algún dos puntos febles: o Primux Beta 2.

O Beta 2 destaca especialmente polo seu tamaño, cunha pantalla QHD de 6 polgadas e resolución 690 x 540 píxeles)  No que ten a ver coa potencia, atopámonos un procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por tarxetas microSD de até 32 GB.

As súas cámaras son de 8 e 1,3 Mpx, ten 2300 mAh de batería, capacidade dual SIM e Android 4.4 para poñer orde a todos os seus compoñentes.

Que vos parecen este tipo de trebellos? Estamos indo moi rápido en canto a tamaño?

6 Comentarios

  1. Breixo Murcho Ceboleira 27 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 27 Outubro, 2014 Responder
      • Breixo Murcho Ceboleira 27 Outubro, 2014 Responder
        • Iago Varela Martínez 27 Outubro, 2014 Responder
  2. Breixo Murcho Ceboleira 28 Outubro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 28 Outubro, 2014 Responder

Deixa un Comentario