Google Fit, o cuantificador de actividade física para poñérmonos en forma

fit_hero_1

Google vén de publicar a aplicación de Google Fit, a ferramenta de cuantificación da actividade física que coñecemos hai uns meses e que se materializa coa chegada de Android 5.0, aínda que está dispoñíbel para versións anteriores.

A aplicación encárgase de cuantificar os pasos que damos ao longo do día e nela podemos ver como é a nosa progresión e se imos cumprindo os obxectivos marcados. A información amósase en gráficas nas que podemos ver a actividade semanal, coa posibilidade de comparar como fomos avanzando ou se, pola contra, vagueamos.

google fit

A experiencia Google Fit chega a todo tipo de trebellos, xa que temos aplicación para tablets e smartphones, que podemos descargar na Play Store, e unha interface web moi xeitosa. Android Wear ten tamén un papel fundamental, xa que os reloxos son bos cuantificadores deste tipo de actividades deportivas, o que tamén nos evitará ter que introducilas manualmente.

Que vos parecen este tipo de aplicacións? Empregades xa algunha?

One Response

  1. Nelo 28 Outubro, 2014 Responder

Deixa un Comentario