uviGO! a nova app da Universidade de Vigo

Hoxe queremos achegarvos a nova app da Universidade de Vigo chamada uviGO!, unha ferramenta coa que temos acceso a multitude de contactos dos diferentes organismos da Universidade e coa que poderemos recibir avisos sobre temas de interese relacionados coa mesma.

2014-10-27-10-16-48

Con este tipo de aplicacións imos recorrendo o camiño para poder facer calquera tipo de xestión na Universidade dun xeito eficiente desde un dispositivo móbil. Como vemos na captura, temos:

  • Avisos xerais.
  • Avisos personalizados.
  • Universidade. Temos o contacto de todos os centros, organismos, servizos,.. da Universidade e mesmo os links ás webs propias no caso de telas.
  • Estudos. Acceso aos diferentes tipos de estudo amosando o centro no que se imparte, número de créditos. Neste punto a app está aínda imcompleta xa que vemos que hai apartados sen contido. Agardamos que a base de datos se vai completando pouco a pouco.
  • Estudantes. Neste apartado temos acceso ao expediente, á secretaría virtual para outras xestións, notificacións,…

A modo de exemplo, deixámosvos unhas capturas do que vos podedes atopar.

2014-10-27-10-17-152014-10-27-10-17-08

Evidentemente uviGO! vai dirixida a estudantes actuais ou futuros da Universidade de Vigo e profesionais relacionados coa institución.

Podedes obter a aplicación nesta ligazón da Play Store.

Sobre o autor

Reply