Vodafone Smart 4 Max, un terminal 4G para todos os petos

vodafone smart 4 max frontal

Di David Burke que cando alguén proba un phablet non quere volver ao seu antigo móbil, unha afirmación coa que en Mallando no Android concordamos ao 100%. Por iso celebramos o lanzamento do novo Vodafone Smart 4 Max, o primeiro phablet de marca branca da operadora vermella, que ten como puntos fortes a súa pantalla de 6 polgadas e a conectividade 4G nun dispositivo de prezo contido.

Como diciamos, o trebello incorpora un panel IPS de 6 polgadas, cunha resolución 720p. No seu interior temos un procesador SnapDragon 400 a 1,2 GHz con 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, ampliábeis por microSD de até 32 GB. As súas cámaras son de 13 e 2 megapíxeles e a batería de 3000 mAh.

vodafone smart 4 max

En canto a deseño, ten tan só 7,9 mm de grosor e 150 gramos de peso. Vén con Android 4.4 e a aplicación Vodafone Wallet preinstalada, coa que poderemos facer pagamentos por NFC.

O novo Vodafone Smart 4 Max pódese adquirir desde 0 € coas tarifas Vodafone RED ou Smart M (permanencia de 18 meses na tarifa, 24 na compañía), aínda que hai máis opcións. Libre custa 269 €.

15028568204_42806077be_z

Vodafone está a apostar moi forte polas redes 4G e terminais Android que lle poidan sacar todo o partido á mesma. Hai poucos días coñecemos as melloras na súa rede, coa incorporación do 4G+, que poderemos disfrutar na Coruña en decembro.

Tedes máis información na tenda Vodafone.

No Responses

Deixa un Comentario