Merca xa o LG G Watch R, un dos mellores trebellos con Android Wear

lg g watch r

De todos os reloxos con Android Wear que se foron presentando até o de agora hai 2 que destacan sobre o resto polo seu deseño: o Motorola Moto 360 e o LG G Watch R, a evolución circular do LG G Watch que xa probamos hai uns meses.

Nas súas especificacións, o novo trebello de LG non se diferenza demasiado dos seus competidores que empregan Android Wear. Estamos a falar dunha pantalla OLED de 1,3 polgadas, procesador SnapDragon 40 de Qualcomm a 1,2 GHz, 512 MB de memoria RAM e 4 GB de almacenaxe interno. Dispón de varios sensores, destacando o de ritmo cardíaco, e protección contra as inclemencias da auga e pó segundo a certificación IP67, polo que é un dispositivo axeitado para facer deporte sen importar a climatoloxía.

Aínda que está previsto que se poña á venda a comezos do mes que vén a través da Play Store por 299 €, que non queira agardar pode  comprar o LG G Watch R desde hoxe mesmo, por 290,49 €, en Mobilefun, onde xa o teñen en stock.

Até o de agora, escoller un ou outro modelo de reloxo Android Wear é máis unha cuestión de estilo ca outra cousa, xa que todos inclúen a interface limpa, polo que a experiencia será bastante semellante en todos os modelos (deixando de lado a forma das pantallas).

Cales son os que máis vos gustan a vós?

Sobre o autor

Reply