Oppo presenta os novos N3 e R5

oppo n3

Tal e como estaba anunciado, Oppo vén de presentar o seu novo terminal estrela, o Oppo N3. que destaca pola súa chamativa cámara xiratoria da que moito se falou nas última semanas. Porén, non foi o único trebello dado a coñecer por este fabricante, que achegou tamén o Oppo R5, o novo smartphone máis delgado do mundo.

O Oppo N3 incorpora un panel FullHD de 5,5 polgadas con 403 ppp e protección Gorilla Glass 3. No seu interior temos un procesador  SnapDragon 801 2 GB de memoria RAM, 32 GB de almacenaxe interno e batería de 3000 mAh. Ten unha única cámara de 16 Mpx que xira 206º, polo que podemos usala como traseira, frontal ou mesmo ao longo, para acceder aos lugares máis insospeitados.

oppo n3 2

Entre os aspectos relacionados coa conectividade, é compatíbel coas redes LTE-4G e ten capacidade DualSIM. Estará dispoñíbel en máis de 20 países por 649 dólares.

Pola súa banda, o Oppo R5 chama a atención pola súa delgadez extrema: só 4,85 mm. Para que vos fagades unha idea do que isto significa, dirémosvos que un USB ten 4,5 mm de grosor ou que tiveron que eliminar o jack de audio 3.5 mm. Así que os castos teñen que se enchufar ao microUSB.

oppo r5

Ten unha pantalla FulHD de 5,2 polgadas, Snapdragon 615 de 8 núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna, batería de 2000 mAh e cámara principal fabricada por Sony de 13 Mpx, con capacidade de gravar en calidade 4K. Custará uns 400 euros e estará dispoñíbel de cara finais de ano.

Con este dous novos trebellos Oppo quere ser o novo fabricante chinés referencial, posto para o que compite xunto a Xiaomi e Miezu. Que vos parecen ambas apostas?

No Responses

  1. simpleNewz - Mallando no Android | Mallando no Android RSS Feed for 2014-10-30 30 Outubro, 2014 Responder

Deixa un Comentario