Samsung presenta os novos Galaxy A3 e Galaxy A5

Os resultados financieiros de Samsung este ano están a ser máis ben reguleiros, imaxinamos que en certa medida polo cansazo popular dunhas gamas medias e baixas que deixaban bastante que desexar, fronte á calidade das sagas Galaxy S e Galaxy Note.

galaxy-A5-A3

Porén, parece que a compañía coreana está a tomar boa nota de todo isto e este ano están a traballar en novas liñas para achegar dispositivos para estes segmentos de mercado que cumpren certos estándares de calidade. Os últimos en sumarase a esta nova época son os novos Galaxy A3 e Galaxy A5, ambos os dous acabados en aluminio.

O Galaxy A5 incorpora unha pantalla HD SuperAMOLED de 5 polgadas, procesador Snapdragon de catro nucleos a 1,2 GHz, 2 GB de memoria RAM, 16 GB de almacenaxe interna ampliábeis por microSD e batería de 2300 mAh.

No apartado multimedia, as súas cámaras son de 13 e e 5 megapíxeles, para traseira e frontal respectivamente. Dispón de conectividade LTE Cat 4 e NFC. Sairá á venda con Android 4.4 KitKat actualizábel a nova versións.

galaxy a

Por outra banda, o Galaxy A3 resulta un tanto máis modesto. A súa pantalla é un panel SuperMOLED 1HD de 4,5 polgadase comparte procesador co A5, aínda que vén con 1,5 GB de RAM e 16 GB de almacenaxe interno, ademais da microSD. Ten 1900 mAh de batería e cámaras de 8 e 5 Mpx.

Estarán dispoñíbeis no mes de novembro en numerosas cores (branco, negro, prata, rosa, azul clariño e dourado). Polo de agora non temos información do seu prezo.

No Responses

Deixa un Comentario