Con Happn poderás coñecer a túa media laranxa… ou non

happn 01

Hoxe queremos presentarvos Happn, unha aplicación coa que podemos coñecer  persoas coas que nos cruzamos pola rúa. Dito así pode asustar un chisco, pero esta app ten una base de aproximadamente 700.000 usuarios para axudar a contactar xente que se pode atopar frecuentemente en lugares como pode ser no traballo, no ximnasio… ou por outros sitios nos que nos movamos.

A idea na que se basea Happn é bastante atractica: creamos o noso perfil na aplicación (onde traballamos,os nosos estudos, información xeral sobre nós) e configuramos en que tipo de persoas estamos interesados (idade e xénero). Feito isto, é necesario cruzarnos con outro usuario de Happn para que o perfil deste apareza na nosa aplicación en base á xeolocalización.

Unha vez chegados a este punto, podemos comezar a falar a través da aplicación e comezar a coñecerse para levar ao punto que queiramos esta relación virtual. Iso si, un punto importante é que para comezar a conversa, os dous usuarios teñen que gustarse mutuamente (dándose un “like”). Se isto non se produce, non comeza a conversa.

happn 02

Non deixa de ser unha app de citas coa que axudarnos a coñecer xente pero cun punto diferenciador como é que primeiro temos que atoparnos na vida real e así non facilitar encontro baseados en simples fotos ou supostos tests de afinidade.

Happn, é unha aplicación que podemos atopar na Play Store e descargala sen ningún custo para nós.

Sobre o autor

Reply