A familia de smartphones Asus Zenfone xa está dispoñíbel no noso País

familia zenfone

Malia telos visto a comezos de ano, a familia smartphones Asus Zenfone acaba de chegar ao noso País. Trátase da nova aposta deste fabricante no mundo da telefonía, unha serie de dispositivos pensados para todo tipo de perfil de usuario e acabados en diversas cores para aumentar as posibilidades de elección.

Todos eles incorporan cámaras coa tecnoloxía PixelMaster que permite tomar fotografías e vídeos en entornos con pouca luminosidade, conseguindo reusltados de certa calidade sen termos que empregar o flash, que como sabedes saca realismo. Ademais teñen a capa de personalización ZenUI que aproveita ao máximo as súas funcionalidades.

zenfone4

O máis pequeno é o Zenfone 4, que vén cunha pantalla de 4 polgadas e procesador Intel Atom Z250 a 1,2 GHz. Ten 8 GB para almacenaxe interna, ampliábeis por microSD de até 64 GB e cámaras de 5 e 0,5 Mpx. Está dispoñíbel en 4 cores (negro, branco, vermello, azul e amarelo) por 119 €.

zenfone5

Un paso por diante sitúase o Zenfone 5, con pantalla IPS HD de 5 polgadas (1280 x 720 píxeles) e deseño ultrafino, cun grosor mínimo de 5,5 mm. O seu procesador é un Intel Atom Z2580 a 2 GHz. Ten cámara principal de 8 Mpx con estabilización de imaxe, sensor BSI e lente con f/2.0 de apertura, mentres que a frontal fica nos 2 MPx. Está dispoñíbel en negro, branco, vermello e dourado champán por 179 €.

Existe unha variante con procesador Qualcomm Snapdragon 400, catro núcleos a 2 GHz, aderezados con 2 GB de RAM, gráfica Adreno 305 e soporte para as redes 4G-LTE. Neste caso custa 249 €.

zenfone6

Finalmente, o Zenfone 6 vén con pantalla HD de 6 polgadas, mesmo procesador ca o Zenfone 5 e cámaras de 13 e 2 megapíxeles, para traseira e frontal respectivamente. Ten unha capacidade interna de 16 GB, ampliábeis por microSD de até 64 GB e batería de 3300 mAh. O fabricante fixo tamén un esforzo na calidade de son, incorporando as melloras de Asus SonicMaster que aportan son envolvente virtual empregando auriculares. Pódese mercar por 299 € en negro, branco, vermello e dourando champán.

Os novos Zenfone pódense reservar xa nesta ligazón; durante este período, que se extenderá até o 20 de novembro, quen se faga un destes trebellos adquirirá de xeo gratuíto unha funda de agasallo.

No Responses

Deixa un Comentario