SPC Glow 9,7 Slim, a nova tablet de SPC

glow 9.7 slim

SPC vén de anunciar o lanzamento dunha nova tablet, aínda que desta vez trátase dunha revisión dun produto anterior, lanzado en xuño deste ano, a tablet Glow 9.7. O novo modelo, chamado SPC Glow 9.7 Slim, foi redeseñado para conseguir que sexa máis lixeira que a súa predecesora.

Das súas características destacamos a súa pantalla de 9,7 polgadas, cunha resolución de 1024 x 769 píxeles. No seu interior temos un procesador de catro núcleos Cortex A7 a 1,2 GHz, xunto a 1 GB de RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis con tarxetas microSD.

As súas cámaras son de 5 e 2 megapíxeles, para principal e frontal respectivametne, e a súa autonomía vén dada por unha batería de 6000 mAh, o que garante unha notoria capacidade.

O trebello está xá á venda; podémolo atopar por 159 €.

Deixa un Comentario