O HTC Mini 2 chega ás tendas este mes por 399 €

HTC One mini 2_PerLeft_GunMetal

HTC vén de anunciarque pon á venda no noso País o HTC Mini 2, a aposta da compañía para a gama media que, malia ter algunhas prestacións moi notorias, ten certamente un prezo superior aos que estamos a ver nestes últimos tempos para esa gama.

Incorpora unha pantalla HD de 4,5 polgadas e resolución 720p; no seu interior atopamos un procesador de catro núcleos SnapDragon 400 a 1,2 GHz, acompañado por 1 GB de RAM e 16 GB para almacenaxe interna, ampliábeis por microSD de até 128 GB. A batería é de 2100 mAh.

Destaca ademais o apartado multimedia ao integrar unha cámara principal de 13 megapíxeles e unha frontal de 5, fancendo fincapé na demanda das e dos usuarios, cada vez máis interesados nos autorretratos. A calidade do son conséguea grazas a dous altofalantes frontais estéreo, con amplificadores integrados, e o sistema HTC BoomSound.

É compatíbel coas redes 4G e ten un deseño certamente premium, inspirado no HTC One (M8), con acabados en aluminio. Tamén comparte co citado terminal a interface HTC Sense 6 sobre Android 4.4 KitKat.

O novo HTC Mini 2 estará dispoñíbel ao longo do mes por 399 € nas tendas The Phone House, entre outras distribuidoras.

Sobre o autor

Reply