O OnePlus One supera a barreira do medio millón de exemplares vendidos

oneplus

O co-fundador e director de OnePlusCarl Pei, ofreceunos as primeiras cifras oficiais en canto as ventas do One, despois duns cantos meses sen ter noticias ao respecto. A compañía chegou a vender máis de medio millón de unidades do único terminal que teñen en mercado o OnePlus One, polo que todo fai indicar que poderían superar a cifra do millón de terminais antes de finais de ano.

Tendo en conta que eliminaron o sistema de invitacións, medio polo cal se obtiveron ata non hai moito, será algo máis sinxelo poder adquirir dito terminal, aínda que hai que ter en conta que unha das posibles razóns que xustifican este polémico sistema de adquisicións é que, ao ser unha empresa que acababa de comezar, o seu nivel de producción non pode ser semellante ao doutras empresas xa asentadas no mercado.

Outro punto a ter en conta, sería que os beneficios obtidos pola venda deste terminal igual non son moi elevados. A día de hoxe o principal e poñer moitas unidades no mercado para abrirse paso co resto de compañías, ademáis de crear unha boa expericiencia e servizo.

Mirando xa cara o próximo ano, Carl Pei e a súa empresa queren apuntar cara un novo terminal insignia capaz de competir cos trebellos de gama alta, como o lanzamento de novos servizos de personalización de software e a introducción de novos accesorios como fixo recentemente cos auriculares Silver Bullet, traballando con JBL.

A día de hoxe, tendo en conta que é o único terminal da compañía as cifras que se coñecen soan ben, pero teremos que estar atentos ós pasos futuros.

2 Comentarios

  1. Rubenix 7 Novembro, 2014 Responder
  2. Eugenio 7 Novembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario