A confirmación de lectura de WhatsApp poderase desactivar

whatsapp azul

WhatsApp sorprendeu esta semana engadindo o dobre check azul como confirmación de que a mensaxe fora lida pola receptora, unha cuestión que malia ser un estándar na meirande parte das aplicacións de mensaxería non gustou a moitas usuarias.

Por sorte para estas, o centro de tradución da popular aplicación de mensaxería vén de descubrir que están a traballar para que nunha futura actualización isto sexa opcional.

Que vos parece a vós? Preferides que se saiba se se leron as vosas mensaxes ou preferides mantelo agochado?

Deixa un Comentario