LG anuncia a OTA de Android 5.0 para o LG G3

lg g3 fragas do eume

Tes un LG G3? Temos boas novas para ti. A compañía surcoreana vén de anunciar o lanzamento da OTA con Android 5.0 para o seu actual buque insiginia, o LG G3, para a semana que vén (10-17 de novembro), comezando por Polonia.

Até o de agora tíñanse filtradas algunhas capturas de pantalla do que sería a interface coa nova versión, cuxa UI personalizada polo fabricante apenas permitía apreciar o espectacular cambio estético de Lollipop. Porén, hai que ser precavidos, posto que puidera ser que o visto fose unha versión pouco madura.

lg g3 lollipop

En calquera caso, parécenos moi acertada a rapidez coa que LG anuncia esta actualización, con tempos de espera ridículos se temos en conta que aínda non está actualizada a gama Nexus.

Sobre o autor

Reply