Asus prepara a chegada do ZenWatch co lanzamento de 3 aplicacións específicas

Asus Zenwatch

Tras a posta á venda nalgúns lugares, agárdase que o lanzamento no noso País do novo Asus ZenWatch, con Android Wear, sexa inminente. Trátase dun reloxo que marca as diferenzas co resto de trebellos Wear dispoñíbeis ao apostar por un deseño innovador, con pantalla rectangular e esquinas redondeadas, a diferenza dos modelos cadrados ou redondos.

Aproveitando a ocasión, o fabricante publicou tres aplicacións específicas relacionadas co citado dispositivo: Manager ZenWatch, Remote Camera e ASUS Wellness, todas elas gratuítas e dispoñíbeis para descargar na Play Store.

A primeira delas, ASUS ZenWatch Manager, vai un paso máis aló da aplicación oficial de Android Wear, permitindo configuracións adicionais para termos unha experiencia máis completa.

asusManager

ASUS Remote Camera, a segunda das apps publicadas, serve como visor e disparador da cámara do móbil a distancia. É compatíbel con outros trebellos Android Wear non – Asus, polo que todo o mundo poderá gozar de facer fotos a distancia sen moitas complicacións a través dos seus wearables.

asus-remote-camera-android-apps-on-google-play-2014-11-03-09-38-26

Finalmente, ASUS Wellness permítenos levar o control da saúde dun xeito moi vistoso. E é que esta característica, o control da actividade física, é unha das funcións básicas dos smartwatches actuais, que están a explotar moito os fabricantes asiáticos.

asus cardiaca

Sobre o autor

Reply