YouTube Key Music, o novo servizo musical de Google

De seguro que moitas de vós estades afeitas a empregar YouTube como reprodutor musical, grazas ás ducias de millóns de cancións que se poden atopar na plataforma de vídeos máis popular da rede. Conscientes disto, desde Google veñen de anunciar un novo servizo, moi rumoreado nos últimos meses: YouTube Key Music.

youtube key music

YouTube Key Music vén a ser un YouTube premium, cunha suscrición mensual (9,99 $/mes, 7,99 $ promocionalmente) que nos permite buscar álbumes e descargar discografías completas, aínda que tamén terá especial relevancia a retransmisión de concertos en directo.

Para facer isto posíbel Google chegou a acordos con máis de 20.000 selos musicais, desde os grandes como Sony ou Universal até pequenas firmas que representan a un número reducido de artistas.

youtube music key

O novo servizo aparecerá como un apartado diferenciado na propia web de YouTube e na aplicación oficial para Android. Está dispoñíbel en fase beta, o que nos permite probalo de xeito gratuíto durante 6 meses.

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Pedro 12 Novembro, 2014 Responder

Reply