Mininovas Android: a malla da semana

Shh – Ocultar Doble Check Azul

shh

Unha semana máis, temos que falar do dobre check azul de Whatsapp. Logo do lío que se montou ao redor desta nova funcionalidade, non tardou en aparecer unha app externa co que poder ler as mensaxes sen quea nosa lectura se confirme co check azul . Esta é Shh – Ocultar Doble Check Azul.

Ademáis, Whatsapp, tralas numerosas críticas anunciou que nas seguintes actualizacións da app incluíra unha opción para anular ou non esta funcionalidade segundo as preferencias de cada un. A nova beta xa inclúe esta funcionalidade.

Moto G 2014, o primeiro en recibir Lollipop

Lollipop

Novamente, o traballo de Motorola/Lenovo é impresionante. Esta semana coñecimos que o Moto G 2014, foi o primeiro terminal non Nexus en recibir a actualización a Lollipop.

Agardamos que todos os fabricantes fosen tan eficientes coma Motorola, xa que o usuario valora cada vez máis un bo calendario de actualizacións e o máis importente, non ter que gastar máis de 300 € para que o smartphone sexa actualizado nun tempo razonábel.

LG segue traballando en pantallas curvas

LG-G-Flex-2-bis

Se pensabamos que o LG G Flex foi un experimento que morrerá ao rematar este ano, trabucámonos. Esta semana chegaron rumores que apuntan non só a que LG segue traballando neste tipo de tecnoloxía, se non que para o ano 2015 este tipo de pantallas poden incluirse tanto en smartphones, tabletas ou wearables.

Polo de agora só é un rumor e teremos que agardar ao 2015 e ver con que nos sorprende LG.

A nova app de Google: Messenger

google messenger

Outra das novas que coñecimos esta semana foi o lanzamento da aplicacións Messenger da man de Google. Está nova pretende competir directamente coa app por defecto dos nosos smartphones para o envío e recepción de sms ou mms. Para facela máis atractiva, conta con Material Design e algunhas funcionalidades extra como son o envío de fotos, arquivos de vídeo ou audio. Estas funcionalidades só dispoñíbeis entre contactos que teñen instalada a app.

Deixa un Comentario