As primeiras OTAs de Android 5.0 non están a incluír o galego [actualizado]

androidengalego

Hai pouco máis dun mes Google anunciou a nova versión de Android, 5.0 – Lollipop. Entre as novidades desta versión está a inclusión do galego, tal e como anunciamos daquela. A nosa lingua chegaría xunto outros 14 idiomas, entre os que tamén está o eusquera.

nexus galego

As preview das imaxes para os trebellos Nexus incluiron efectivametne o galego, como puidemos ver nas diferentes capturas que varias de vós compartístes connosco en todo este tempo. Porén, as imaxes finais feitas públicas pola compañía responsábel de Android non dispuñan de acceso nin ao galego nin ao resto das 14 novas linguas que chegarían con Android 5.0 Lollipop.

Desde Mallando no Android puxémonos en contacto con Google a semana pasada para preguntar por este tema e comentáronnos que as OTA chegarían ao noso País co galego habilitado, algo que non está a ocorrer, xa que as primeiras usuarias en recibir a actualización por esta vía nos seus Nexus 4, Nexus 5 e Nexus 7 comprobaron que falta o galego e o resto de novos idiomas, o mesmo que nas imaxes finais.

Estamos en contacto con Google para averiguar que está a pasar e cal vai ser a solución. Informaremos puntualmente de calquera novidade a este respecto.

[Actualización 21/11/2014] Recibimos resposta de Google. Efectivamente, Android 5.0 – Lollipop si incluirá o galego como estaba previsto, e este vén xa integrado nos novos Nexus 6 e Nexus 9. Porén, estase a mirar por que non aparece o galego (nin ningunha das outras 14 linguas que aparecerían por vez primeira en Android 5.0) nas primeiras OTAs de Lollipop doutros terminais Nexus. Seguiremos insistindo por varias vías até termos unha resposta aclaratoria definitiva.

Post en actualización

5 Comentarios

  1. asht 18 Novembro, 2014 Responder
  2. asht 18 Novembro, 2014 Responder
  3. Daniel 18 Novembro, 2014 Responder
  4. Javten 21 Novembro, 2014 Responder
  5. martingz 4 Decembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario