Nokia volve a Android: nova tablet Nokia N1

A outrora exitosa Nokia foi de capa caída nos últimos anos ao non ter sabido apreciar a revolución dos smartphones e tablets, algo que en certa medida están a paliar logo das colaboracións con Microsoft, empresa á que acabarían pertecendo.

Non cabe duda que moitas soñaban cun Nokia con Android, unha sorpresa que chegaría no MWC deste ano, onde presentaron os Nokia X, que analizamos rapidamente e con máis calma. Porén, en xullo anunciaron que esta liña de produto pasaría a empregar Windows, esvaecendo a ilusión de moitas usuarias seareiras da compañía finlandesa.

Tan só uns meses despois Nokia volve sorprender anunciando que regresa a Android. Falamos da Nokia N1.

Nokia N1

Esta tablet integra unha pantalla de 7,9 polgadas, cunha resolución de 2048 x 1534 píxeles e formato 4:3, que ademais está protexida por Gorilla Glass 3. O seu procesador é un Intel Atom Z3580 de 64 bits a 2,3 GHz, que vén xunto aunha RAM de 2 GB e 32 GB de almacenamento interno. A súa batería é de 5300 mAh.

nokia n1 camara

Nokia N1 - 3

Outra novidade que trae este dispositivo é o conector microUSB, sendo o primeiro en integrar o formato reversíbel.

Nokia N1 usb

En canto a sistema operativo, leva a versión stock de Android 5.0 – Lollipop, aderezada cun launcher propio, o Nokia Z Launcher, como podedes ver na seguinte imaxe.

nokia n1 software

Polo de agora descecemos o seu prezo e a data de dispoñibilidade.

Que vos parece?

No Responses

Deixa un Comentario