O Nexus 6 xa está dispoñíbel na Play Store

nexus 6

Malia que xa levaba días aparecendo na sección de dispositivos da Play Store, Google vén de activar a compra do Nexus 6 esta mesma tarde, aínda que non se enviarán até dentro de 3 ou 4 semanas.

O novo smartphone estrela con selo Nexus está dispoñíbel en dúas cores, azul e branzo, e dúas versións atendendo á capacidade da súa memoria interna: 649 € (32 GB) ou 699 € (64 GB).

Podedes acceder á Play Store para mercalo desde esta ligazón.

No Responses

Deixa un Comentario