Vodafone Internacional Smartphone, nova tarifa de Vodafone para prepago

3D SIM VF Internacional RED

Vodafone vén de anunciar esta semana o lanzamento dunha nova tarifa para clientes de cartón prepago, Vodafone Internacional Smartphone, un plan de prezos que inclúe 60 minutos para realizar chamadas nacionais ou internacionais a 35 países e 1 GB de datos por 15 €/mes.

A listaxe de países incluídos nesta tarifa está composta por Alemania, Australia, Bangladesh, Bélxica, Bulgaria, Canadá, China, Colombia, Corea do Sur, Costa Rica, República Checa, Dinamarca, República Dominicana, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hong Kong, Hungría, India, Irlanda, Israel, Italia, México, Nova Zelanda, Noruega, Paraguay, Perú, Polonia, Portugal, Puerto Rico, Reino Unido, Rumanía, Singapur e Venezuela.

O funcionamento da tarifa é moi sinxela; tendo saldo abondo renóvase cada 30 días automaticamente, aínda que se consumimos os minutos e megas antes dese tempo poderase seguir navegando a menor velocidade ou solicitar a renovación anticipada, acumulando os minutos ou megas non consumidos. Ademais, é posíbel chamar a 65 países desde 1,2 céntimos / minuto.

Para activala chega con marcar *565# + tecla de chamada desde o móbil; marcando a mesma secuencia  tamén se pode consultar de xeito gratuíto o saldo, minutos e megas que quedan para poder solicitar a renovación anticipada.

vodafone smart 4 fun

Coincidindo con este lanzamento, a compañía pon á venda o seu smartphone Vodafone Smart 4 Fun por 59 €, que inclúe 20 € de saldo. Este terminal ten unha pantalla de 3,5 polgada, batería de 1400 mAh, procesador dual core a 1 GHz, 1 GB de RAM e cámara traseira de 2 Mpx.

Sobre o autor

Reply