Wiko Jimmy, un terminal modesto para as usuarias máis básicas

Wiko jimmy

Mañá ponse á venda o novo Wiko Jimmy, un trebello que quere competir na gama máis básica de Android, orientada ás usuarias que se inician cun smartphone ou que teñen unhas necesidades básicas.

Jimmy integra unha pantalla FWVGA de 4,5 polgadas (854 x 480 px), procesador QuadCore a 1,3 GHz, 512 MB de memoria RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. A cámara principal é de 5 megapíxeles, mentres que a frontal queda reducida a unha VGA básica.

Emprega Android 4.4 KitKat sen personalizacións e dispón de capacidades dualSIM. A súa batería é de 1700 mAh.

O novo Wiko Jimmy está dispoñíbel por 99 €, un prezo moi contdio que o leva a competir directamente co Moto E.

 

Deixa un Comentario