Woxter Zielo Serie Z, deseño a prezos axustados

Woxter-Zielo-Serie-Z

Woxter vén de anunciar o lanzamento de seis novos smartphones, pertencentes á Zielo Serie Z, unha liña que segue a tendencia do fabricante de ofrecer trebello cunha boa relación calidade – prezo. Todos eles integran pantallas IPS con tecnoloxía OGS, con menor consumo enerxético, capacidades Dual SIM e ranura microSD compatíbel con tarxetas de até 64 GB. Empregan Android 4.4 Kitkat, sen personalizacións, facéndoos máis sinxelos e totalmente personalizábeis.

Woxter Zielo Z400, Z420 HD e Z420 Plus HD integran un procesador Quadcore a 1,3 GHz, mentras que Woxter Zielo Z800 HD, Z820 HD e Z820 Plus HD contan cun procesador Octacore. Ademais, os modelos Z420 Plus HD, Z820 HD e Z820 Plus HD veñen con cristal Dragontrail, que proporciona maior resistencia á pantalla fronte rabuñadas e pequenos golpes e rozaduras.

Todos eles estań dispoñíbeis en diversas cores, unha personalización que pode ir máis aló grazas aos bumpers e flip covers que podemos atopar en negro, azul, rosa, amarelo e transparente, caso dos bumpers, e negro, azul, rosa e amarelo, caso das covers.

Os Woxter Zielo Z400, Z420 HD e Z800 HD, todos con pantalla de 5 pulgadas, xa están dispoñíbeis a 149€, 169€ y 199€, respectivamente. Os modelos Z820 HD, tamén de 5 pulgadas, Z420 Plus HD e Z820 Plus HD, con pantalla de 5,5”, estarán dispoñíbeis no mes de decembro

Deixa un Comentario