Novo Energy Phone Colors, un smartphone por apenas 60 €

Energy Colors

Energy Sistem vén de lanzar un novo smartphone na gama de entrada, o Energy Phone Colors. Trátase dun trebello que permite intercambiar as carcasas traseiras para personalizalo ao gusto das consumidoras, incluíndo no propio pack de venda tres, en negro, azul e rosa.

As súas prestacións son máis ben modestas. Conta cunha pantalla de 4 polgadas, dobre cámara (a principal de 5 Mpx con autofocus e flash LED), 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 64 GB e capacidades dual SIM. Como sistema operativo emprega Android 4.4 KitKat, que como vén sendo habitual na marca chega sen personalizacións.

Está moi pensado como primeiro teléfono adolescente, ou para un público que se quere iniciar no mundo dos smartphones. Podémolo mercar xa por 59,90 €, un prezo que o sitúa nunha das mellores ofertas do mercado para esta gama.

Sobre o autor

Reply