TwoDots: continúa a secuela de Dots (e engancha máis ca nunca!)

Despois do gran éxito que obtivo Dots que xa chega os dez millóns de descargas, a compañía Playdots, Inc. ven de publicar no Play Store o segundo capítulo da serie: TwoDots.

twodots

O estilo de xogo que nos imos a atopar é moi similar o seu predecesor, melloráronse os gráficos así como os modos de xogo que o fixeron a súa vez máis interesante. Os protagonistas desta nova aventura serán dous puntos que viaxarán polos diferentes mundos que nos atoparemos no xogo, dende a tundra ártica ata as profundidades do océano.

650_1000_dots-1

Cada nivel que xoguemos será diferente e teremos que cumprir uns obxectivos para superalo con éxito, ademáis de unir puntos da mesma cor, nesta nova entrega teremos obstáculos e poderemos crear bombas, combatir lumes e moitas máis cousas que descubriredes en canto xoguedes.

TwoDots conta con logros, postais que en función que avancemos iremos desbloqueando e a súa vez, tamén poderemos retar os nosos amigos nas redes sociais como Facebook para competir polo medalleiro final. O xogo é free to play, polo que atoparemos compras integradas.

2 Comentarios

  1. oscarmlage 20 Novembro, 2014 Responder
  2. Adriii 20 Novembro, 2014 Responder

Deixa un Comentario