Analizamos o Honor 6

honor 6 portada

Nos últimos anos estamos vendo a boa evolución dos productos que chegan a Europa da man do xigante chinés Huawei. Desta volta tivemos a oportunidade de analizar o seu novo smartphone de gama alta a prezo razonábel, o Honor 6. Trátase dun trebello que inaugura unha nova liña de produto diferenciada da tradicional Huawei, pensado para o mercado europeo.

Deseño, acabado e pantalla

Como ven sendo habitual, o material elixido para a fabricación é o plástico cunha traseira de plastico transparente listo imitando ao cristal o que lle da un punto diferenciador. Con estas dimensións, 139.6 x 69.7 x 7.5 mm o Honor 6 é un terminal que senta ben na man, xa que para ter 5″ e bastante estreito. Pesa 130 gramos.

honor 6 traseira

Neste terminal non atoparemos botóns físicos na parte frontal, xa que son físicos integrados na pantalla. No lateral dereito temos tanto o botón de desbloqueo, o volume coma os slots para a microSD e a tarxeta microSIM, quedando o lateral esquerdo completamente limpo. Na parte inferior está o microUSB e na parte superior o minijack de 3.5mm. Debemos sinalar que é un terminal unibody e non poderemos extraer a batería dun xeito sinxelo.

honor 6

O pánel elixido para esta unidade é un IPS LCD de 1080 x 1920 de resolución que da un resultado bastante bo á hora de consumir multimedia pois estamos diante dunha pantalla de 445 ppi.

Hardware e especificiacións

Honor 6
Polgadas/Resolución/ppi 5 / 1080×1920 / 445
Procesador HiSilicon Kirin 920 octacore, Quad-core 1.7 GHz Cortex-A15 & quad-core 1.3 GHz Cortex-A7
GPU Mali-T628 MP4
RAM 3 GB
ROM 16 / 32 GB
Batería 3100 mAh
Cámaras 12 Mpx / 5 Mpx

Como vemos na táboa, Huawei decidiu equipar este smartphone cun procesador de fabricación propia, o HiSilicon Kirin 920 de oito núcleos que se lle engadimos 3 GB de RAM acadamos un rendemento sobresaínte. Nos días que o estivemos probando, non vimos que este terminal tivese dificultade á hora de realizar as tarefas do día, mesmo as máis exixentes como poden ser consumir contido en full hd ou xogar.

A unidade que probamos ten 16 GB de memoria interna que podemos aumentar pois o terminal conta cun slot para tarxetas microSD até 64 gigas. Ademáis destacamos que estamos diante dun terminal que soporta redes 4G (1800, 2100 e 2500 Mhz), DLNA, Wi-fi hotspot e bluetooth 4.0. Se mercades o de 32 gigas como extra, teredes NFC que non está presente no modelo de 16 gigas.

Software

A versión que fai funcionar este terminal é Android 4.4.2 KitKat e non temos novas sobre cando poderá chegar a actualización a Lollipop.

Ademáis conta cunha sinxela capa de personalización, cun deseño demasiado asíatico para o que estamos acostumados en Europa, aínda así non pensamos que sexa un problema pois sempre podemos mudar o launcher por defecto, se é que non nos gusta, por calquera das numerosas opcións que podemos atopar na Play Store.

Destacar é que con esta capa de personalización non temos con mítico box de aplicacións, se non que o sistema elixido é ter todas as aplicacións en diferentes escritorios. Ademáis desta pecualiaridade, queremos destacar algunhas das solucións de software que incorporou Huawei:

  • Botón flotante: botón que podemos situar a calquera altura (pero sempre no lateral) da pantalla que ten 5 accesos directos predeterminados á multitarefa, home, atrás, borrar as apps abertas en segundo plano e bloqueo de pantalla. Non a atopamos moi útil xa que o seu é poder configurar este botón segundo as nosas necesidades.

honor 6 02

  • Modo luvas: activando esta opción a pantalla vólvese máis sensíbel para poder empregar o terminal neses días máis fríos sen ter que quitar as luvas.
  • Administrados de notificacións: Podemos decidir de que apps recibimos as notificacións e de cales non. Atopamos está funcionalidade bastante interesante, xa que ademáis temos un rexistro de todo aquelo que nos chegou máis non tivemos notificación.
  • Aforro de enerxía ultra: aínda que o Honor 6 ten unha batería de alta capacidade, se cadra nalgún momento temos que tirar de este modo de aforro de enerxía moi restictivo, xa que so teremos acceso a chamadas, mensaxes (tipo sms) e contactos.

honor 6 03

  • Control de movemento: con este terminal podemos facer xestos con terminal e así por exemplo, silenciar unha chamada cando lle damos a volta ao terminal ou levar o terminal á orella para descolgar unha chamada.

honor 6 04

Cámara

En canto a cámara, temos sensacións contrapostas. Atopámonos cun sensor BSI de Sony de até 13 MP, 4128 x 3096 pixels, autofocus, dual-LED flash que proporciona diferentes resultados segundo o tipo de foto que fagamos. Explíquemolo mellor cun exemplo.

Nas seguintes fotos, vemos que cando facemos unha foto dunha paixase obtemos unha foto con algo de ruído. Podemos dicir que é unha cámara que cumple neste tipo de instantáneas, pero pouco máis.

Logo se facemos fotos de preto, o certo é que o resultado parécenos bo como vos amosamos a continuación:

Para rematar, en situacións de luminosidade comprometida, gustáronnos as fotos que obtivemos:

En resumo, é unha cámara que nos serve para algo máis que sair do paso conseguindo uns resultados bastante decentes.

Batería

O Honor 6 é un terminal potente cunha pantalla grande polo que agardamos contar cunha batería á altura destas especificacións. Esta unidade conta cunha batería de 3100 mAh coa que chegamos sen problema ao final do día cun uso intenso e para aqueles usuarios menos activos, chegará ás dúas xornadas sen maior problema.

honor 6 01

Como vemos na captura, cunha carga completa acadamos máis de 3 horas e media de pantalla para un total de 35 horas de autonimía e aínda cun 15% por consumir.

Conclusións

Moito choveu desde que aló polo 2010, tivemos a oportunidade de probar un descoñecido Huawei u8500, se o comparamos con este Honor 6. O salto de calidade (evidente polos anos de evolución entre ámbolos dous) nótase tanto no rendemento como no coidado no seu deseño, xa que sen renunciar ao plástico como material de construcción o acabado é bo.

honor 6 diante

É certo, que non estamos diante do terminal coas mellores especificacións do mercado pero si é un terminal moi equilibrado, polo que temos que destacar a boa relación calidade/prezo. O Honor 6 podémolo atopar en calquera tenda online, por un prezo non superior aos 300€ e estaremos mercando un terminal que pode satisfacer a todos aqueles que busquedes un dispositivo que responda ben ante calquera exixencia.

Sen dúbida, e bó que un xigante como Huawei vaia achegando ao mercado europeo este tipo de terminais, axustados en prezo sen renunciar a un bo funcionamento, para darnos aos usuarios máis opcións onde elixir o noso seguinte smartphone.

Sobre o autor

No Responses

Reply