Google saúda en galego e euskera aos novos idiomas de Android 5.0 Lollipop

Como xa temos comentado nas últimas semanas, Google incluíu o galego na última actualización de Android, 5.0 ou Lollipop, xunto a outros 14 (entre eles o euskera), aínda que non o está a incluír nas actualizacións aos seus trebellos Nexus anteriores, dándolle consideración de especificación premium.

android galego saudo

A conta oficial de Android aproveitou onte para saudar por vez primeira ás novas linguas cunha imaxe que compartiu nas redes sociais, nas que se ve un androíño que fala galego e outro que saúda en euskera. A imaxe forma parte desa campaña be together, not the same que está a levar a cabo Google e que fai especial fincapé na diversidade dentro do amplo espectro de Android.

3 Comentarios

  1. Juan 22 Novembro, 2014 Responder
    • Ángel Pereira 26 Novembro, 2014 Responder
  2. Roi Xordo 21 Xaneiro, 2015 Responder

Deixa un Comentario